Bosques con vida

Bosques con vida é un proxecto de custodia do territorio formado por un grupo informal de rapazas e rapaces que xorde co obxectivo de intervir na mellora ambiental do monte comunal da parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade. O principal proxecto do grupo informal é a realización dunha serie de xornadas de voluntariado para repoboar con especies autóctonas unha área queimada na vaga de lumes forestais de outubro de 2017 e restaurar ambientalmente unhas charcas situadas nunha antiga corta mineira.

Estas xornadas de voluntariado realizaranse os vindeiros 6 e 7 de outubro de 2018 e podes obter toda a información destas actividades premendo aquí. Tamén podes anotarte enviando a túa inscrición (nome, DNI/pasaporte, idade, teléfono, quenda e alerxia alimentarias) ao correo bosquesconvida@gmail.com ou premendo aquí.

O proxecto de custodia do territorio para a restauración ambiental do grupo informal Bosques con Vida é financiado ao abeiro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración e asesoramento técnico da C.M.V.M.C. de Rebordelo e do grupo ecoloxista ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza).

Agardámoste os días 6 e 7 de outubro!

cartaz_bosquesconvida_final2