As xornadas de voluntariado vanse desenvolver os días 6 e 7 de outubro no monte comunal da parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade. As principais tarefas a realizar durante o voluntariado ambiental son:
- Restauración ambiental de charcas
- Repoboación con especies autóctonas
- Roteiro ambiental interpretativo
- Estudo de biodiversidade das charcas para o proxecto “Charcas con Vida”
O voluntariado inclúe a comida con menú vexetariano e seguro de responsabilidade civil.
Podes consultar o cartaz e o programa completo das actividades a continuación:
Día 6 de Outubro
- 9:45h: punto de encontro na asociación veciñal de Rebordelo.
- 10:00h: inicio da actividade de restauración ambiental das charcas e repoboación. Dividiranse ás persoas voluntarias en equipas rotativas para realizaren todas as actuacións.
- 14:00h: almorzo coa asociación veciñal e a CMMC de Rebordelo.
- 15:30h: volta á actividade.
- 18:00h: Comezo do roteiro interpretativo pola CMMC de Rebordelo
- 20:00h: fin da actividade
Día 7 de Outubro
- 9:45h: punto de encontro na asociación veciñal de Rebordelo.
- 10:00h: inicio da actividade de repoboación. Dividiranse ás persoas voluntarias en equipas rotativas para realizaren todas as actuacións, tanto da actividade 1 como da actividade 2.
- 14:00h: almorzo coa asociación veciñal de Rebordelo e CMMC de Rebordelo.
- 15:30h: volta á actividade.
- 18:00h: comezo do estudo de biodiversidade das charcas.
- 19:30h: fin da actividade