Localización

As xornadas de voluntariado desenvólvese nunha área do monte veciñal de Rebordelo que corresponde a unha antiga corta mineira, cuxa actividade provocou a aparición de charcas que albergan hoxe en día unha gran cantidade de biodiversidade. Estes terreos tamén foron afectados pola vaga de incendios forestais de outubro do 2017, polo que as accións de voluntariado permitirán  poñer en valor o patrimonio natural da comunidade de montes.

Este monte comunal representa unha mostra ecolóxica e etnográfica da paisaxe en transición entre as serras litorais e a dorsal galega. Polo tanto, a súa rexeneración e conservación garante a súa función como corredor ecolóxico entre as dúas Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais dentro do concello de Cotobade: o ZEPVN Río Lérez e ZEPVN Serra do cando.

Agardámoste os días 6 e 7 de outubro. Podes inscribirte premendo aquí.