Voluntariado de Bosques con vida: 6 e 7 de outubro

As xornadas de voluntariado do proxecto de custodia do territorio de Bosques con vida vanse a desenvolver nos días 6 e 7 de outubro no monte comunal da parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade. As principais tarefas a realizar durante as dúas xornadas de voluntariado ambiental son:

  1. Restauración ambiental de charcas
  2. Repoboación con especies autóctonas
  3. Roteiro ambiental interpretativo polo monte en man común de Rebordelo
  4. Estudo de biodiversidade nas charcas para o proxecto “Charcas con Vida

En total contamos con 250 árbores de Quercus robur, Castanea sativa e Betula Alba para repoboar e con todo o material e ferramenta necesaria para realizar a intervención. A inscrición no voluntariado tamén inclúe xantar vexetariano e seguro de responsabilidade civil.

Podes consultar o cartaz e o programa completo das actividades a continuación e podes inscribirte premendo aquí:

cartaz_bosquesconvida_final2

Día 6 de Outubro

  • 9:45h: punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo*
  • 10:00h: inicio da actividade de repoboación e de restauración de charcas. As persoas voluntarias dividiranse en equipas rotativas para realizaren todas as actuacións
  • 14:00h: almorzo coa asociación veciñal e a CMMC de Rebordelo
  • 15:30h: volta á actividade de voluntariado
  • 18:00h: comezo do roteiro interpretativo pola CMMC de Rebordelo
  • 19:30h: fin da actividade

Día 7 de Outubro

  • 9:45h: punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo*
  • 10:00h: inicio da actividade de repoboación e de restauración de charcas. As persoas voluntarias dividiranse en equipas rotativas para realizaren todas as actuacións
  • 14:00h: almorzo coa asociación veciñal de Rebordelo e CMMC de Rebordelo
  • 15:30h: volta á actividade de voluntariado
  • 18:00h: comezo do estudo de biodiversidade nas charcas
  • 19:30h: fin da actividade

*O punto de encontro para o inicio das xornadas de voluntariado será na Casa do Pobo de Rebordelo (ver mapa adxunto – coordenadas: 42.465902, -8.486052):